A Asociación Galega de Editores organiza un ano máis o Simposio O libro e a lectura, que este ano chega a súa novena edición.
Baixo o tema central de O futuro da librería, a xornada vai concitar en Santiago de Compostela o vindeiro venres 9 de novembro a destacados profesionais do sector do libro. Este foro vense celebrando ininterrumpidamente dende o ano 2004, está patrocinada por Cedro e conta coa colaboración do Consello da Cultura Galega.
As inscrición a este simposio están abertas ata o 6 de novembro. As e os interesados en asistir poden descargarse a Folla de inscrición.
Programa.
Auditorio do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi – Pza. do Obradoiro)
09.30 h. Recollida de documentación.
10.00 h. Sesión inaugural: intervencións do presidente da AGE
10.30 h. Conferencia inaugural: A comercialización do libro a través das canles das librerías. Desde o punto de vista da edición. Manuel Gil, editor. Presenta Manuel Bragado Rodríguez
11.30 h. Pausa Café
12.00 h. Panel de experiencias de éxito: A utilización das redes sociais nas librerías. Xosé Rodríguez Lois, de Redelibros (Vigo); Carlos Airas Cota, da Librería Airas das Letras (Allariz); e Damià Gallardo, de Librerías Laie (Barcelona). Presenta Antón Lado.
13.00 h. As feiras do libro, Antón Pedreira (Vicepresidente da Federación de Libreiros de Galicia). Presenta Xulio Amigo.
14.00 h. Remate xornada da mañá.
16.30 h. Mesa redonda: Os modelos de negocio das librerías. Librerías Nobel; Grupo Arnoia (Pontevedra); Enric Faura, de Edicat (Barcelona); Juan Carlos Febrero, Casa del Libro (Vigo); e Carlos Coira Nieto, de Libraría Trama (Lugo). Presenta Laura Rodríguez.
17.30 h. Conferencia: O futuro da librería, Marià Marín i Torné, Secretaria do Gremi de Llibreters de Catalunya. Presenta Belén López.
19.00 h. Conclusións.
19.30 h. Remate da xornada.