O fondo documental dixitalizado do arquivo persoal de Silvio Santiago (Vilardevós, 1903-Santiago de Compostela, 1974) pasará ao Arquivo da Emigración Galega, do Consello da Cultura Galega (CCG), segundo o acordo asinado por Silvia Santiago, filla do escritor e o presidente da institución, Ramón Villares, segundo podemos ler na web do CCG.
Segundo o soportal da entidade, dito fondo agrupa 3.378 imaxes, máis de mil cartas, fotografías, documentos sonoros e textos inéditos do dirixente político e societario, republicano e galeguista, empresario, activista cultural, impulsor de medios de comunicación e escritor, autor de obras como Vilardevós ou O silencio redimido.
Silvio Santiago participou na fundación do Partido Sindicalista na Coruña en 1934. Ao chegar a Guerra Civil de 1936 fuxe a Portugal, dende onde marcharía cara Cuba e posteriormente a Venezuela.
Cando xa estaba a piques de cumprir os sesenta anos, en 1961, revelouse como escritor coa publicación de Vilardevós, un libro que de seguida se converteu nun clásico da narrativa galega. Vilardevós non sería a súa única achega literaria, xa que tras postumamente publicarase O silencio redimido, que tivo que ser publicada tras a morte do dictador por mor da censura franquista.
Dende o CCG indícase que do fondo documental destacan as 1.042 imaxes de cartas dirixidas a 72 destinatarios entre 1938 e 1972, coa particularidade de que en moitos casos Silvio Santiago conservou copia das cartas enviadas xunto coas recibidas. O epistolario reúne cartas de Castelao, Otero Pedrayo (261), Francisco Fernández del Riego (102), Ramón Piñeiro, Rodolfo Prada, Camilo nx0woé Cela ou Eduardo Blanco Amor. Salientou tamén, entre outros aspectos do fondo, a recompilación de 39 documentos sonoros e diferentes textos inéditos, propios do escritor, como A caracola Terceira, e doutros autores.