A Fundación Fogar de Santa Margarida homenaxea hoxe ao escritor Agustín Fernández Paz nun acto que se celebrará ás 19.30 h. nas instalacións do colexio, situado na Rúa Valle-Inclán, 1-3 da Coruña. Hai que lembrar que por moitos anos Agustín impartiu aulas nesta institución.
O profesor Antón Costa dirixirá unha mesa redonda titulada O Fogar e a contribución a renovación pedagóxica onde participarán J. Antonio Vázquez Cabarcos, Andrés García Vilariño, Agustín Fernández Paz, Xabier P. Docampo, Manuel Bragado, Alfredo Haz Garrido e Vicente Veiga Doldán.
Tras esta mesa e para pechar o encontro, terá lugar unha homenaxe e recoñecemento a Agustín Fernández Paz. Esta homenaxe contarase coas intervencións de Mini e Mero, mestres e creadores da Quenlla, e do mestre e tradutor Xavier Senín.