A Feira das Industrias Culturais de Galicia (Culturgal) está a piques de comezar a recta final da súa cuarta edición. A iniciativa foi posta en marcha no ano 2007 pola Asociación Galega de Editores no marco do Pazo da Cultura de Pontevedra, contando co apoio da Consellería de Cultura e do Concello pontevedrés, amais doutras entidades públicas e privadas.
A feira celébrase por terceira vez na cidade do Lérez e todo apunta a que vai ser un evento cunha posta en escea moi contemporánea e con contidos populares e profesionais, onde se abordarán as industrias culturais tamén dende os novos medios e soportes. O evento inaugurarase o día 2 de decembro coa presenza de numerosos profesionais do ámbito da industria cultural, a política, a sociedade e a cultura de Galicia.
AGADIC é o patrocinador principal desta plataforma que pretende visibilizar e ser o referente do traballo anual realizado polos diversos sectores que integran o sector. A organización espera rebasar os 14.000 visitantes do pasado ano.
O Presidente de Culturgal, Xulio Amigo Estrada, e o Director da Feira, Sergio Lago, presentaron o evento o pasado mes de xuño.