O Consello da Cultura Galega ven de publicar o seu primeiro libro electrónico. Trátase de o poemario Canto do pobo disperso, de Valentín Paz Andrade, escrito en Bogotá no ano 1955.
Segundo lemos na web do CCG, as novas publicacións que este organismo está a preparar incluirán tamén unha versión en ePUB, co obxectivo de facilitar a lectura en tablets, móbiles e outros dispositivos de lectura electrónica.
A edición de Canto do pobo disperso estivo ao coidado de María Xesús Lama, profesora da Universidade de Barcelona, e autora do estudo introdutorio.