O Liceo de Noia acollerá a vindeira fin de semana, do 4 ao 6 de decembro, V de Viñetas, as III Xornadas de cómic.
Fon, Pablo Prado, Miguel Porto, Fernando Llor, Miguelanxo Prado e Kiko da Silva serán os protagonistas da edición deste ano. O venres abriranse as exposición, dedicadas a Fernando Llor, Miguel Porto, Pablo Prado (Fuco), "A silveira", " A viñeta de Schrödinger" e "Meus veciños Miyazaki e Takahata".
A xornada do sábado xirará sobre obradoiros impartidos por Fon sobre o concept art de fondos estudios Ghibli. Ademáis, Pablo Prado falará sobre o seu traballo de adaptar á banda deseñada a novela O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Dávila, que Pablo publicou en Galaxia este mesmo ano; e Miguel Porto e Fernando Llor falarán sobre a súa obra Subnormal, una historia de acoso escolar, a dura historia do xogador de baloncesto Iñaki Zubizarreta.
O domingo, Fon ofrecerá un novo obradoiro sobre o concept art de fondos estudios Ghibli para, de seguido, deixar paso a Miguelanxo Prado, que presentará a súa obra máis recente, O pacto do letargo, publicado por Retranca. Ao longo dos dous días os artistas convidados asinarán as súas obras.