Moito conto é o que haberá esta fin de semana en Pontevedra. A cidade do Lérez acolle Sete falares: Encontro internacional de contadores de historias, que se desenvolverá en distintos espazos da cidade.
Ao longo destes tres días en escenarios como o CITA, as ruínas de San Domingos, un barco pola ría, o Teatro Principal, a Casa das Campás e a praza de Santa María, en horarios de mañá e tarde, escoitaranse a contadores de historias galegos, de España, de Brasil, de Portugal e do Reino Unido.
Este é o primeiro encontro destas características que se celebra en Galicia, promete ser toda unha festa da narración oral e está aberto a todos os públicos.