Mañá mércores 30 de maio terá lugar, entre as 11.00 h. e 14.00 h. e de 17.00 h. a 20.00 h. o xa tradicional Maratón de Lectura na Fundación Eugenio Granell. Un acto co que a institución compostelá busca promover e apoiar a literatura.
Este ano, no que se celebra o centenario do nacemento do artista do surrealismo, o evento adicaráse á súa obra escrita, e non só aos seus contos e relatos curtos, senón tamén ao traballo de Eugenio Granell en publicacións periódicas.
Dende a Fundación avisan a todos os interesados en asistir que, para facilitar a organización do acto, poden poñerse en contacto con Teresa Taboada, no email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., ou nos teléfonos 981 572 124 e 981 576 394.