A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e a S. X. de Política Lingüística, en colaboración coa Facultade de Filoloxía da Universidade de Vigo, organizan o X Ciclo de mesas redondas Escritoras/es na Universidade, que este ano se desenvolve baixo o lema Afinidades electivas?.
O obxectivo xeral da edición deste ano é que o alumnado obteña unha unha panorámica subxectiva da situación dos xéneros poético, narrativo e teatral en Galicia na actualidade a través dos e das súas creadoras.
Preténdese chegar a ese obxectivo a través da idea de que cada relator/a dea unha visión da obra (e/ou da figura pública) do/a outro/a, unha introdución subxectiva e breve sobre a súa recepción da obra da persoa compañeira de mesa, que preguntas lle suscita, para despois encetar un diálogo fluído entre relatores para, ao final, establecer un coloquio aberto para dar oportunidade ao alumnado de formular as súas preguntas.
Programa
Xoves 1 de outubro ás 13.00 h. Salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.
Mesa redonda de Poesía: Rosa Enríquez e Teresa Moure.
Venres 9 de outubro ás 19.30 h. Charenton ClubCultura.
Mesa redonda de Narrativa: Juan Tallón e Manuel Darriba.
Venres 16 de outubro ás 19.30 h. Charenton ClubCultura.
Mesa redonda de Teatro: Clara Gayo e Marta Pérez.
Asistencia de balde ata completar o aforo.