Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Lino González Rubido, un debuxante esquecido na prensa compostelá, nova mostra na Cidade da Cultura

Rate this item
(0 votes)

A Biblioteca de Galicia recupera a obra de Lino González Rubido cunha exposición na que dá a coñecer 75 debuxos e caricaturas do artista galego, procedentes da colección recentemente adquirida pola propia Biblioteca. ‘Lino González Rubido, un debuxante esquecido na prensa compostelá’ é o título desta mostra que se pode visitar ata o vindeiro día 24 de xaneiro de 2016 na Cidade da Cultura.

Moi pouco se coñece da vida de González Rubido, aínda que si se sabe que nace en Agüeiros, no municipio de Boiro, e que estuda Farmacia na capital de Galicia, onde falece prematuramente aos trinta anos de idade, en 1946. Non faltan entre as súas caricaturas varias dos seus profesores na facultade e, precisamente, nestas caricaturas onde reflicte boa parte da sociedade compostelá do seu tempo (médicos, políticos, alumnado universitario, veciños e veciñas da cidade etc.).

Na década dos 40, Lino González publicou as súas viñetas humorísticas en ‘La Noche’, suplemento de ‘El Correo Gallego’. Ademais, fixo ilustracións para algún libro e deseños para unha baralla de cartas, así como unha serie de pequenos debuxos numerados do 1 ao 13, que se empregarían na ilustración de tarxetas postais. Pero a parte máis importante desta colección de debuxos, desde un punto de vista numérico, son as caricaturas.

En xullo de 1941, presenta 25 caricaturas á Gran Exposición de Belas Artes e Artes Decorativas, organizada pola Real Sociedade de Amigos do País de Santiago, onde tamén participan artistas do talle de Manuel Abelenda, Fernando Álvarez de Sotomayor, Francisco Asorey, Felipe Bello Piñeiro e outros.

Sen tempo para desenvolver unha carreira non só prometedora, senón mesmo de resultados patentes, falece aos trinta anos, na madrugada do 14 de outubro de 1946, de tifo, en Santiago de Compostela, onde está enterrado no cemiterio de San Domingos de Bonaval.

En 2012, dúas obras de Lino González Rubido xa se exhibiran na mostra da Biblioteca de Galicia ‘Orixes do cómic en Galicia’, baseada no traballo de 50 ilustradores galegos de finais do século XIX e comezos do XX e conformada por obras como a primeira tira cómica en galego, ilustracións de Camilo Díaz Baliño, viñetas de Maside, manuscritos de Risco e historietas de Castelao guionizadas por Ramón Cabanillas.

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!