O Instituto Cervantes de Múnic acollerá, do 14 de xuño ao 19 de xullo, unha exposición do debuxante Kiko da Silva.
O vigués exporá orixinais das súas obras Baixo a sombra das pedras flotantes, FIZ Curso de cómic e de Castelao, Alma galega.
A exposición contará o día 14 cunha charla co propio Kiko da Silva, que estará moderada por Rainer Schneider, comisario da exposición e un dos directores artísticos da mesma, a modo de inauguración.
Nas súas redes sociais, da Silva destacou a importancia do Festival de banda deseñada Viñetas desde o Atlántico para a visibilidade no exterior dos artistas galegos, xa que foi neste festival de banda deseñada coruñés onde Schneider viu a exposición de Kiko da Silva o pasado ano, e serviu de aliciente para a súa presenza agora na capital de Baviera.