O concurso literario de relatos curtos "Os Viadutos", organizado polo concello de redondela, ten este ano como gañador ó filólogo coruñés Isaac Xubín, que se fixo co premio, recoñecemento que se suma á publicación da obra presentada, titulada Lle pied de Julien Dupuy. O conto premiado narra as vivencias de tres persoas en Francia, en tres relatos diferentes que se unen co pano de fondo que é o deporte do rubgi. O xurado da presente edición tamén recoñeceu os traballos de Pedro Feijóo Barreiro O segredo do viaduto e Alberto Rodríguez Contradanza para dous coellos.
A entrega de premios deste prestixioso concurso literario para mozos tivo lugar a pasada fin de semana, coa asistencia de Luís García Mañá, académico da Real Academia Galega e xefe de Policía de Galicia; Manuel Bragado, director de Edicións Xerais; o alcalde Javier Bas e o concelleiro de Cultura Alberto Pazos. O acto, celebrado na Casa da Torre de Redondela, contou coa actuación da mestra de violín Natalia Soltan.