O concello de Bueu acolle o I Festival Poético do Morrazo. O acto, organizado pola asociación cultural para o debate "Ricardo Gómez Buceta" dentro das actividades para conmemorar o día das letars galegas, terá lugar este domingo 27 de maio ás 18.00 h. no Centro Social do Mar.
Neste primeiro festival contarase coa participación dos poetas Xosé María A. Cáccamo, Xosé Manuel Millán, Daniel Costas, Lucía Novas, Asun Estévez, Antón Sobral, Carlos Fonte, Xaime Toxo e Alba Méndez. O palabra poética estará acompañada pola música de Guillerme (Quempallou) e Pilar (Os Carunchos), Xico de Cariño e Xosé Pumar.