O grupo Editores de Compostela, integrado polas editoriais Positivas, Alvarellos, Urco e Sotelo Blanco, porá en marcha este sábado 26, a partir das 20.00 h., na compostelá praza de Salvador Parfa (tras a igrexa das Ánimas) e no Pub Medusa, o primeiro “Exprés literario”.
Baixo o lema “Libros a toda mecha”, iranse sucedendo presentacións de novidades editoriais, recitais de poemas ou fragmentos de obras —acompañados, nalgúns casos, de música en directo— e todo cunha característica común: ningunha presentación durará máis de dez minutos.
En total serán once libros e autores os que inaugurarán esta primeira viaxe do “Exprés literario” dos Editores de Compostela. Pasarán -en corpo ou en espírito- Paula Carballeira, Rosalía Fernández, Armando Requeixo, Leonel Moura, Lovecraft, Samuel L. París, Lupe Gómez, Wislawa Szymborska, Gonzalo López Abente, Mario Regueira e Fernando Cimadevila. Así mesmo, haberá venda de libros, tenda outlet e un convite gastronómico para os asistentes.
Según os organizadores “Pretendemos, en primeiro lugar, conquistar novos espazos para o libro e a lectura, e facer isto aportando iniciativas frescas, dinámicas e atractivas”.