Un grupo de amigos do poeta Ramiro Fonte reuniránse o vineiro 28 de outubro, por segundo ano consecutivo, para lembrar ao amigo e ao poeta cunha sinxela homenaxe que consistirá na colocación dunha placa cos seus versos —a segunda dunha serie coa que se pretende trazar un roteiro entre os lugares da súa vila que foron senlleiros para el— e un xantar aberto a todo o que desexe asistir.
Para axustar a reserva de comensais co restaurante, dende a organización agradecen que todas e todos os interesados confirmen a súa asistencia antes do día 15 de outubro. Así mesmo, é intención editar nos vindeiros meses unha plaquette composta por poemas e textos en prosa en recordo de Ramiro Fonte á que tamén queren convidar a participar. A túa contribución sería para nós moi valiosa. Para calquera aclaración, pódese contactar por correo a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou aos seguintes teléfonos: 981 432598 Biblioteca (Alexandre Caínzos) ou 650 420669 (Colás Placer).
Ramiro Fonte naceu en Pontedeume en 1957 e finou en Barcelona hai catro anos. Poeta, narrador, ensaísta, foi un dos fundadores do colectivo poético Cravo Fondo a finais dos setenta. Foi membro correspondente da Real Academia Galega e nos últimos anos da súa vida foi director do centro do Instituto Cervantes en Lisboa.