Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Gañadores da VII Noite da Edición de Galicia

Rate this item
(0 votes)

O gremio editorial galego celebrou no serán de onte a VII Noite da Edición de Galicia-Premios Ánxel Casal, unha gala na que a Asociación Galega de Editores (AGE) reúne anualmente a todos aqueles que traballan no eido do libro, a súa creación, edición e comercialización. No acto entregáronse os Premios da Edición correspondentes ó ano 2011.

O acto tivo lugar no Hotel A Quinta da Auga, e nel participaron destacadas autoridades do mundo do libro, a cultura e a política de Galicia. Presidido por Manuel Bragado, presidente da AGE, contou coa presenza do Secretario Xeral de Cultura, a Vicepresidenta do Consello da Cultura Galega, o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, do gremio de libreiros, o presidente da Associació de Editors en LLengua Catalana, entre outros moitos e moitas representantes de entidades relacionadas co sector.

A gala foi conducida pola xornalista Iria Pinheiro. Andavira Editora foi homenaxeada no apartado da edición histórica polo seu XXV aniversario. Unha proxección de vídeo, patrocinada por Gadis, e elaborada por Illa Bufarda, lembrou as figuras de Isaac Díaz Pardo e Carlos Casares.


Premiados na VII Noite da Edición


Premio Francisco Fernández del Riego.

Xesús Couceiro e a súa emblemática librería, por toda unha vida adicada á promoción do libro e a cultura galega.

Premio Ánxel Casal ao Libro de ficción do ano 2011.

Non hai noite tan longa (Xerais) de Agustín Fernández Paz. Por ser unha ollada crítica da nosa sociedade, unha visión intelixente sobre como o pasado condiciona o noso presente.

Mención especial do xurado para Centauros do Norte (Rodeira) de Marcos Calveiro, obra destinada ao público xuvenil, pola súa calidade.

Premio Ánxel Casal ao Libro de non ficción do ano 2011.

Obra Gráfica de Conde Corbal (Nova Galicia Edicións) de V.V.A.A. Pola calidade da edición, a posta em valor do autor e a súa obra e a escolla da documentación gráfica.

Por solicitude expresa do xurado, mención para O escano baleiro. No Caurel con Uxío Novoneyra, de Xulio Valcárcel, editada por Biblos, pola estética da linguaxe e por ofrecer unha visión persoal do autor, e para Loita de clases, a represión franquista no mar, de Dionisio Pereira, editado por Xerais, polo contributo documental e testemuñal a unha faceta pouco coñecida da ditadura franquista.

Premio Ánxel Casal ao Libro de poesía ou teatro do ano do ano 2011.

Poesía completa (Xerais) de Loís Pereiro. Pola calidade da edición e por tratarse dunha edición literaria fiable e reunir a obra completa do poeta.

Premio Xosé Neira Vilas ao Libro infantil e xuvenil.

Xa me tardan eses magos (Galaxia) de Mamá Cabra. Pola súa contribución ó achegamento da poesía aos nenos mediante a fusión do texto e a música.

Por petición expresa do xurado, unha mención especial para o Apalpador e a castaña máxica (Biblos), pola recuperación dunha figura da mitoloxía infantil e a orixinalidade da edición ilustrada.

Mención especial tamén para Canto de Nadal (Kalandraka), de Charles Dikens, pola gran calidade da edición, así como pola contribución da tradución deste clásico ó corpus galego.

Premio Lois Tobío ao Libro traducido do ano 2011.

Sonetos (Xerais) de Shakespeare, traducido por Ramón G. Izquierdo. Pola magnífica tradución e edición crítica e pola súa contribución ao enriquecemento do galego cunha obra universal e imprescindible.

Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro ilustrado do ano 2011.

Contos por teléfono (Kalandraka) de Gianni Rodari e ilustrador por Pablo Otero. Pola calidade da ilustración e a súa contextualización.

Mención expresa do xurado para o libro Lois Pereiro breve encontro, de Jacobo F. Serrano, de Edicións Xerais, pola calidade da ilustración e da edición.

Premio Xosefa Iglesias Vilarelle ó libro educativo do ano 2011.

As mulleres en Galicia no século XX (Ir Indo) de Jesús de Juana e outros. Polo seu valor documental e a importante achega ao papel da muller galega na nosa historia contemporánea.

Mención expresa do xurado para Un cadro de Velázquez (Faktoría K) de Claire D'Harcourt, pola escolla dun cadro especialmente necesitado dunha explicación didáctica e polo desenvolvemento pedagóxico e material de edición.

Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor ou autora do ano 2011.

Xavier Queipo. Pola traxectoria da súa obra.

Premio Rosalía de Castro á iniciativa editorial do ano 2011.

Transformacións de álbums ilustrados en series de animación audiovisual: Os contos do camiño e Caracois, de OQO editora. Pola innovación que conleva e a súa contribución á difusión dos contos para nenos a través doutros soportes.

Premio Edición Histórica 2012 .

XXV aniversario de Andavira Editora.


O xurado, composto por editores, escritores, ilustradores, libreiros e xornalistas, entre outros, destacou a calidade de todos os finalistas e solicítalle á Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, que se merque un exemplar para cada unha das bibliotecas públicas pertencentes á rede de Bibliotecas de Galicia.



Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!