Xulia Alonso Díaz e o seu Futuro imperfecto (Galaxia), tras recoller hai uns días o Premio Losada Diéguez de creación literaria 2011 ven de ser recoñecida co premio correspondente á XVII edición do Arcebispo Juan de San Clemente, que organiza o IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. A singularidade deste premio é que é entregado polos estudantes, tanto do IES organizador como doutros institutos, un por cada provincia galega. A edición deste ano contou ademais cun instituto portugués e outro de Madrid.
Como obras finalistas quedaron Denso recendo a salgado (Xerais) de Manuel Portas e Cabalo de ouros (Galaxia) de Víctor F. Freixanes.
No resto de categorías as obras gañadoras foron Riña de gatos (Plantea) de Eduardo Mendoza en castelán e Brooklin (Lumen) de Colm Tóibin, en lingua estranxeira.{jcomments on}