O escritor Francisco Castro dirixe entre os días 16 de novembro e o 14 de decembro, todos os venres, un obradorio de Escrita Creativa na Coruña. Este obradoiro está organizado por Polisemias, o primeiro espazo en Galicia dedicado en exclusiva a ipartir talleres de escritura creativa.
Os asistentes poderán ter a oportunidade de plasmar sobre o papel todo o que caiba na súa imaxinación, literaturizar a súa vida, xogar a crear mundos coas palabras… en definitiva, a gozar da experiencia literaria e da creación escrita. Todas as persoas que participen terán a ocasión de, dende o primeiro momento, escribir poemas, relatos, contos… a partir de actividades lúdicas e sorprendentes.
O director do Obradoiro proporá actividades que actuarán como catalizadores da creatividade. Logo, sobre os resultados obtidos (os poemas, os relatos, a descrición dos personaxes, a literaturización dalgún aspecto da realidade), será o momento de teorizar e amosar como grandes autores e autoras da literatura universal construían o seu universo de ficción. Este Obradoiro é eminentemente práctico e participativo.
Programa
- A práctica do relato breve.
- Crear personaxes.
- Técnicas básicas de narración literaria.
- Como atopar o teu estilo literario.