O Concello de Fornelos de Montes e a Asociación de Veciños O Cruceiro da Laxe, convocan a I edición do premio de poesía Manuel Lueiro Rey, co fin de honrar e promocionar a figura deste escritor e xornalista nado en Fornelos.
Poderán optar ao premios todos os poemarios presentados en lingua galega e que teñan unha extensión de entre 500 e 800 versos. O prazo de presentación das obras rematará o 31 de decembro do 2012 . A dotación do premio será de 2.500 euros.
O fallo darase a coñecer o 1 de marzo do 2013 e publicarase dentro da colección de poesía Manuel Lueiro Rey da editorial Sotelo Blanco.
Manuel Lueiro Rey, a pesar de estar moi vinculado a O Grove, naceu en Fornelo de Montes no ano 1916. Militou clandestinamente no Partido Comunista. No ano 44 entra como técnico do Ministerio de Facenda en Pontevedra e desenvolve unha abondosa produción literaria. Formou parte da chamada xeración do 36.
Entre as súas obras atopamos Un tempo de sol a sol, Escolma ferida, Non deberían medrar ou O sol na crista do galo, entre outras. Finou no ano 1990 no Grove.