O historiador e escritor rianxeiro Manuel Dourado Deira faleceu o pasado 26 de decembro aos 83 anos de idade. Autor de Conversas con Teresa Castelao (Sotelo Blanco) e A Mestresa da Casa-Museo: Unha Rosalía rediviva (Deputación da Coruña) sobre Maruxa Villanueva, foi colaborador habitual de varios medios de comunicación, de feito o derradeiro artigo que publicou foi do pasado 15 de decembro no Galicia Hoxe titulado Belén sen animaliños.
Como escritor, Manuel Dourado deixa inédito o libro O primeiro retorno de Castelao, centrado no busto de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, doado polo Padroado de Cultura Galega de Montevideo.
Dourado Deira foi galardoado co premio de periodismo Ruta Xacobea 1991 e co premio "Sireno 2008" da asociación cultural Barbantia pola súa traxectoria cultural en Barbanza e mantiña activo o blog Barbarousa.