O pasado martes finou en Vilalba o escritor, crego e sociólogo Bernardo García Cendán.
Nacido en Vilalba no ano 1941, García Cendán realizou estudos eclesiásticos en Mondoñedo. Foi párroco de Nosa Señora do Socorro de Ferrol ata o ano 1987. Na diocese de Mondoñedo foi profesor da Escola de Teoloxía e no Colexio Peleteiro de Santiago de Compostela impartiu aulas de filosofía. Desde 1987 exerceu como profesor de Socioloxía no Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela.
Membro fundador da revista "Encrucillada", da Asociación "Irimia" ou do Ateneo Ferrolán, da súa autoría é o capítulo "Ferrol, estructura e identidade". Colaborou con artigos en prensa en revistas como "Encrucillada", "Lucensia", "Guía dos Libros Novos", "Tempos Novos", "Irimia", etc. Tamén compuxo textos para cantos litúrxicos así como outros que foron musicados polo Padre Feixóo, Miguel Varela e por grupos folk como Fuxan os Ventos ou Saraibas.