Juan nx0woé Moralejo, catedrático de Grego da Universidade de Santiago de Compostela, finou o pasado venres ao 70 anos.
Nado no seu dunha familia moi vencellada ao estudo das letras clásicas e da lingua e a cultura de Galicia, as súas achegas intelectuais centráronse principalmente no estudo da lingua grega, da que exerceu docencia.
Colaborou en revistas como Grial, Cadernos da Escola Dramática Galega, Boletín Galego de Literatura, Extramundi, etc... e en xornais como La Voz de Galicia ou El Correo Gallego.
Ten traducido ao galego Política (USC) de Aristóteles e no ano 2005 publicou en Galaxia As troitas, miñas señoras, unha nova edición do volume publicado no ano 81 en Xerais Guía para pilla-las troitas, miñas señoras, un libro dedicado á pesca da troita e á defensa da ecoloxía e os ríos galegos, dos que Moralejo era apaixoado visitante e afervoado defensor contra os abusos da contaminación e a especulación urbanística.