Xa se coñecen os finalistas das tres categorías do XVIII Premio 'Arcebispo Xoan de San Clemente' que convoca anualmente o IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.
En literatura galega os tres finalistas son A Veiga é como un tempo distinto (Xerais) de Eva Veiga, O bebedor de rakia (Xerais) de Xesús Manuel Marcos e Extramunde (Xerais) de Xavier Queipo.
En castelán os finalistas son Caligrafía de los sueños (Lumen) de Juan Marsé, Deseos (Alfaguara) de Marina Mayoral e El ruido de las cosas al caer (Alfaguara) de Juan Gabriel Vázquez.
Na categoría de novela estranxeira os finalistas desta edición son Purga (Rinoceronte) de Sofo Oksanen, El mapa y el territorio (Anagrama), de Michel Houellebecq e Siete años (Acantilado) de Peter Stamm.
Este premio ten a particularidade de que son os propios alumnos de secundaria os que len e escollen as obras gañadoras do galardón. Participan como xurado un instituto por cada unha das provincias galegas máis o Rosalía de Castro de Santiago, como centro organizador.
Os organizadores do premio tamén anunciaron que o día 22 de marzo, ás 19,30 h., terá lugar a entrega dos premios correspondentes á XVII edición.