A Asociación Cultural Alg-a organiza unha festa rescate o vindeiro 20 de outubro para manter aberta esta comunidade de arte e acción. Copiamos e pegamos o comunicado da asociación Alg-a:
"Por motivos alleos á nosa vontade (cartas chegando a un enderezo equivocado), unha pequena infracción da Asociación Alg-a con Facenda transformouse co paso do tempo nunha debeda de 2000 euros.Queríamos convidarvos a unha Festa Rescate o 20 de OUTUBRO no Alg-a Lab e apelar a vosa solidariedade. Unha aportación, por pequena que sexa, pode facer moito.
Se o preferides podedes faceros socixs aquíhttp://www.alg-a.org/Faite-socio-Alg-a Ou tamén colaborar participando na programación da Festa, tocando, proxectando, performando, presentando proxectos etc. Agradecemos de antemán a vosa axuda, como sabedes somos un centro cultural autoxestionado, non recibimos ningunha axuda nen subvención. e 2000 euros é para nós unha cifra moi elevada."