O pasado sábado 17 de marzo faleceu en Santiago de Compostela Carlos García Martínez, historiador, membro correspondente da Real Academia Galegae actual director do Museo do Pobo Galego.
Este gran historiador e estudoso da arqueoloxía galega naceu en Santiago en 1945. Fixérase cargo da dirección do Museo do Pobo Galego en 1999 tras a morte de Antón Fraguas, entidade da que fora un dos seus fundadores. Pertencía á Real Academia desde 1972. Ao longo da súa traxectoria tamén foi membro do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, da comisión xestora do novo Seminario de Estudos Galegos e socio fundador da Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga, ademais de participar como padroeiro fundador da Fundación Castelao ou da Fundación Pedrón de Ouro.
Recibira o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo en 1999 polo seu traballo a prol da cultura.
Carlos García Martínez foi autor de importantes monografías e estudos sobre arqueoloxía, prehistoria, folclore e etnografía.
Os seus restos repousan na parroquia compostelá de Santa María de Figueiras.