O Concello de Noia organiza un curso sobre Celso Emilio Ferreiro, de quen este ano celébrase o centenario do seu nacemento, entre os días 4 e 8 de xuño. Este curso conta coa colaboración da Casa da Gramática e do departamento de Lingua e Literatura e o patrocinio da Deputación da Coruña e da Xunta.
Este curso contará coa presenza de expertos en Celso Emilio Ferreiro como Luís Ferreiro, Ramón Nicolás, Baldo Ramos, Luís Menéndez, Armando Requeixo e Xesús Alonso Montero que debullarán a obra, a figura e a época do escritor celanovés.
As xornadas deste curso terán lugar ás 20.00 h. e unha vez concluídas as charlas, terá lugar un debate.
Este curso está homologado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria cun diploma de 10 horas. Os interesados en asistir poden enviar un correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e poden recibir máis información sobre o mesmo na Casa da Cultura 'Antón Avilés de Taramancos' de Noia nos teléfonos 981.82.41.69 ou no móbil 699.30.14.81