A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Noia presentarán mañá o novo número do suplemento cultural “A Voz de Barbantia”, así como á presentación do Anuario de Estudos do Barbanza 2011; nun acto que terá lugar ás 12.00 h. na Casa de Cultura "Antón Avilés de Taramancos" de Noia, e no que estarán presentes o coordinador do Anuario, Manuel Cartea; o presidente de Barbantia, Xesús Laíño; o concelleiro de cultura, Javier Rodríguez; e mais o alcalde de Noia, Rafael García Guerrero.
Ao remate da presentación do volume, que recolle as actas da VI Semana da Historia (Homenaxe a Xosé Agrelo Hermo), entregaranse os Premios Barbantia da Cultura 2011, os famosos "Sereos" que chegan a súa quinta edición. Nesta ocasión os galardoados son: A poeta Eva Veiga na categoría de distinción á Cultura Galega; na Traxectoria Cultural no Barbanza, a galardoada é a pintora Paola García Paz; e a Iniciativa Cultural no Barbanza é para a publicación do IES Virxe do Mar de Noia, Casa da Gramática.