Ao longo dun mes de programación, con case vinte actividades proxectadas, o Festival SINSAL é NORMAL organizará diferentes espazos de creación onde a música conectará con outras disciplinas: o cine doméstico, a fotografía, a literatura, o coleccionismo, a arte plástica, a danza, a radio, o vídeo…
No eido literario contarase co Espazo Escritorio, coordinado polo xornalista Iago Martínez. Trátase de coloquios con público, por parellas, que rematan cun breve epílogo performático no que cada autor acciona unha das máquinas da memoria da colección Sirvent para o arquivo sonoro de Sinsal. O Espazo Escritorio conta con catro sesións, a primeira este xoves 25 de outubro e as outras tres os días 5, 7 e 12 de novembro, sempre ás 19.30 h. na sala Normal (Paseo de Ronda, 47) da Coruña.
Calendario.
25 de outubro. Lingua, música e literatura en Galicia: Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro.
5 de novembro. Escribir sobre música: David Saavedra e Javier Becerra
7 de novembro. A música na literatura galega: Mario Regueira e Xesús Fraga
12 de novembro. A literatura na música galega: Daniel Salgado e Xurxo Souto