Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Eli Ríos é a gañadora da 29ª edición do Premio Miguel González Garcés de poesía

Rate this item
(0 votes)

A escritora Eli Ríos é a gañadora da 29ª edición do Premio Miguel González Garcés de poesía da Deputación da Coruña coa súa obra Ningunha tortilla é mala. Silvia Penas con Subministro é a finalista do certame.

O xurado composto por Vicente Araguas, Enma Pedreira, Xosé María Álvarez Cáccamo, Rafa Vilar e Lorena Conde como gañadora da edición anterior, presidido pola vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei coa xefa de sección, Mercedes Fernández Albalat como secretaria, optou por Ningunha tortilla é mala, de Eli Ríos, como gañadora do Premio González Garcés de poesía entre os 92 orixinais presentados ao concurso. Como finalista, o xurado escolleu o libro Subministro da poeta Silvia Penas.

O xurado destaca que na obra de Eli Ríos, "hai unha poesía pictórica e secuencial, case minimalista que xoga coa metalingüística" e nela atopan tamén "humor e a retranca que, sen romper a profundidade do texto, o alixeira". "O texto ten a capacidade de conectar un mundo que vai do detalle ao universal, mediante un xogo lingüístico no que se vale dunha estética do silencio", apunta o fallo do xurado que fala dunha obra "moi sensorial que podería resumirse como o relato da elaboración dunha tortilla sinestésica como metáfora do desexo.

En canto á obra de Silvia Penas, o xurado apunta que "reflexa a poesía do cotián, co pano de fondo do mundo do traballo das mulleres; o texto utiliza o humor, atemperado pola boa linguaxe poética e pode considerarse unha actualización do mito da torre de marfil na que vivían os poetas".

Con anterioridade ao González Garcés, Eli Ríos gañou premios de poesía como o do XII Premio Concello de Carral (2009) con nós escoitando o badalo de marienplatz, o IV Premio de poesía erótica Illas Sisargas (2009) con rúa da cancela, o I Premio Figurante (2013) con María, o II Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey (2014) con anamnese e o III Premio Gonzalo López Abente (2017) con Culpable. Ademais, como narradora, Eli Ríos gañou o Modesto Figueiredo en 2015 con Doe tanto a túa ausencia, o XII Premio Pura e Dora Vázquez de Narración da Deputación de Ourense con Marta e a píntega, e o Premio Torrente Ballester da Deputación da Coruña en 2017, na primeira edición en que se convocou unha modalidade exclusiva para galego coa obra Luns. A autora forma parte do colectivo de crítica literaria feminista A Sega e colabora na revista dixital do mesmo nome.

Ademais da cantidade económica establecida nas bases do concurso, a obra premiada será publicada por parte da Deputación da Coruña dentro da colección do Premio González Garcés.

Con este premio, Eli Ríos suma o seu nome ao das outras gañadoras do premio, como Xavier R. Baixeras, Luz Pozo Garza, Xulio L. Valcárcel, Paulino Vázquez, Marta Dacosta, Estevo Creus, Ramiro Fonte, Manuel Álvarez Torneiro, Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Román Raña, Miguel Anxo Fernán Vello, Medos Romero, Xavier Lama, Manuel Anxo Darriba, Ramón Neto, Carlos Penela e Lorena Conde na súa última edición.

 

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!