Xa se coñecen os finalistas do 30º Salón do Cómic de Barcelona, que se desenvolverá na capital catalá entre os días 3 e 6 de maio e que nesta edición contan con representación galega.
Nunha primeira fase das votacións, os profesionais do sector da banda deseñada escolleron ós nominados ás categorías de Mellor Obra de Autor Español 2011, Mellor Obra de Autor Estranxeiro e Mellor fanzine.
Entre os nominados á mellor obra publicada no 2011 están El Héroe (Astiberri) de David Rubín e Aventuras de un oficinista japonés (Bang) do zaragozano e coruñés de adopción nx0woé Domingo.
A partires de hoxe principia a segunda fase das votacións profesionais que rematarán o 19 de abril.
Pola súa banda, os siaeiros poderán votar directamente ao que eles consideren o Mellor Cómic do 2011 a través da web de FICOMIC entre o 19 de marzo e o 16 de abril.