Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Dez anos con Carlos Casares

Rate this item
(1 Vote)

Tal día coma hoxe hai dez anos deixábamos Carlos Casares, unha das figuras máis senlleiras no impagable labor de difusión e promoción da cultura galega e un dos nosos mellores escritores de último terzo do século pasado.

Aínda que Casares naceu en Ourense un 24 de agosto de 1941, os seus primeiros anos van transcorrer en Xinzo de Limia, onde o seu pai, Francisco Casares, traballaba de mestre. Carlos estudará no Seminario de Ourense, onde toma o seu primeiro contacto coa literatura e cos problemas que padece a lingua propia do país. Vai ser en Ourense onde coñece a un Risco envellecido e a outros intelectuais e artistas da época, como Antón Tovar, Acisclo Manzano, Ferro Couselo, Xaime Quessada, etc.

En 1961 Carlos Casares marcha a Compostela e matricúlase en Filosofía e Letras, especializándose en Filoloxía Románica. En  Compostela coñece a Ramón Piñeiro. Desa época compostelá son os seus primeiros libros, como Vento ferido, Cambio en tres ou o relato A galiña azul, un conto para nenos que reflicte moi ben o espírito comprometido e libertario dunha época negadora de convencións e uniformismos.

No ano 1977 Casares entra a formar parte da Real Academia Galega, sendo daquela o membro máis novo en entrar na institución. No ano 1982, Casares sae elixido deputado ao Parlamento de Galicia pola circunscrición electoral de Ourense. Presentouse ás eleccións como "galeguista independente" nas listas do PSdeG-PSOE e nesa andaina estivo acompañado por Ramón Piñeiro, Alfredo Conde e Benxamín Casal. En 1986, baixo a proposta de Piñeiro, pasará a dirixir a editorial Galaxia, posto que desenvolvería ata a súa morte, ao igual que a presidencia do Consello da Cultura Galega, onde entrou en 1996.

Carlos Casares finaría un 9 de marzo de 2002 en Vigo, deixando un pouco orfa a cultura galega. Casares foi unha unha figura clave no proceso de normalización da nosa lingua, de recuperación da dignidade da nosa cultura e da súa difusión internacional.

 

Homenaxe da editorial Galaxia

Baixo o título Dez anos con Carlos Casares a Editorial Galaxia bota a andar, este venres 9 de marzo, un mollo de actividades entre os que destacan a edición en dixital da súa obra. Actívase tamén un blog no que escritores, estudosos, críticos e lectores deitarán, a través de distintos artigos, semblanzas e recomendacións, a súa visión sobre a vida e a obra do autor de Ilustrísima.

Ata fin de ano e cada dúas semanas, irán aparecendo no Blog de Carlos Casares, ao que se accederá dende un enlace específico na web da editorial (www.editorialgalaxia.com), artigos de diversa profundidade. Así, na primeira entrega, o escritor Antón Riveiro Coello, escribe unha semblanza dun autor ao que define "como un pai, un mestre".

Para este ano Galaxia acomete tamén a dixitalización das súas obras. Todos os internautas interesados poderán acceder á adquisición destes libros agora preparados para a súa lectura dixital.

Por outra banda, e coa idea de presentalo na Feira do Libro da Coruña, que se celebra en agosto, mes no que naceu Casares, Galaxia publicará un libro de homenaxe, obra de Rafael Laso que, cun abondoso material fotográfico fará un achegamento completo á súa biografía. Ao tempo, a publicación contén un mollo de entrevistas con amigos que o coñeceron ben e distintos escritores que se viron influídos polo seu traballo.

Finalmente, e coincidindo co final deste Ano Casares, Galaxia publicará un número especial da Revista Grial dedicado integramente á súa vida, obra, e pegada literaria.

 

 

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!