Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Deixounos o intelectual galeguista Gonzalo Bouza Brey

Rate this item
(0 votes)

O pasado 23 de decembro finaba o escritor, intelectual e político Gonzalo Bouza Brey na súa Vilagarcía de Arousa natal.

Bouza Brey cursou estudos de Dereito e Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Tras os estudos exerce como procurador dos tribunais en Vilagarcía no despacho xurídico do seu pai Luis Bouza-Brey, actividade que compaxinará coa súa militancia no Partido Comunista de Galicia, aínda na clandestinidade. Acadadas as liberdades democráticas, continúa a súa militancia proposto como candidato a deputado e elixido Tenente Alcalde na primeira corporación municipal democrática vilagarciá, formando parte do goberno do Concello integrado por unha coalición PSOE-PCG.

Tamén participa activamente no movemento cultural na comarca, sendo socio fundador e secretario das seguintes entidades: Asociación Cultural de Arousa, Ateneo de Arousa, Padroado da Banda Municipal de Música de Vilagarcía, Asociación de Amigos do Ferrocarril “Arousa Tren”, así como asesor de outras numerosas entidades.

Bouza Brey foi presidente do Primeiro Congreso de Poesía Galega celebrado en Vilagarcía en 1997 co gallo do cincuentenario da edición nesta cidade do poemario Cómaros Verdes de Aquilino Iglesia Alvariño, o primeiro libro publicado en galego trala Guerra Civil, e dirixiu entre outros os cursos do Concello de Catoira e a Universidade de Santiago sobre A resistencia cultural de Galicia no franquismo e a Loita guerrilleira en Galicia contra a ditadura.

Ten publicados individualmente os poemarios Canto en tres tempos de amor e esperanza e Periplo de amor e mar. Con carácter históico e de investigación publicou: Ferro Couselo e o Ateneo do Ullán, Luis Bouza-Brey, obra completa ou O alcumario de Arousa, do Ullán e do Salnés, entre outras obras.

Tamén exerceu unha faceta xornalística en El Correo Gallego, El Pueblo Gallego, Hoja del Lunes de Vigo, La Voz de Galicia, Faro de Vigo e Diario de Arousa, ocupando neste último o cargo de fundador e coordinador do seu suplemento cultural “Arousa un mar de cultura” durante máis de sete anos.

Non chegou a ser editada a obra A literatura galega en Portugal, 1900-1980, na que se recollen 1965 publicacións galegas no país veciño tanto en libros, como relatorios e comunicacións en congresos ou en revistas e xornais durante ese período de tempo. Tamén permanecen inéditos os libros Os meus mestres, onde recolle a súa relación e vivencias con persoeiros como Otero Pedrayo, Fermín Bouza-Brey, Risco, Xocas, Álvarez Blázquez, Santos Junior, Borobó, Ramón Velenzuela, Paz Andrade, Francisco Xosé Veloso, Dieste, Seoane…e A cociña tradicional das casas señoriais galegas dos séculos XIX e XX, compendio de 243 receitas procedentes dos receitarios das súas devanceiras.

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!