Un total de 76 traballos participaron no VIII Premio de Narración Curta do Concello de Curtis Happy Curtis. O xurado, formado por Manuel Rico Verea, María Lado, Yolanda Castaño e María nx0woé Castelo Lestón (gañadora da pasada edición), escolleu os traballos gañadores nas dúas categorías (A, para participantes dos 12 aos 18 anos, e B, para 19 aos en diante). Este ano o lema do concurso era: Cóntanos o día máis feliz da túa vida.
Gañadores
Categoría A
1º Premio: Ana Uhía Pérez, de Portonovo (O día máis feliz da miña vida).
2º Premio: compartido entre Marta Pita Vidal, de Teo (O día máis feliz) e Sara Martínez García, de Sanxenxo (Paso a paso).
Categoría B (dos 19 anos en diante):
1º Premio: Daniel Landesa, de Vigo (Abercrombie).
2º Premio: Ana María Galego, de Ferrol (Tres mil setenta caracteres).
A entrega dos premios será o día 4 de Maio ás 21.00 h. no Edificio Multiusos de Curtis (Recinto feiral s/n). Alí os asistentes poderán escoitar os traballos gañadores, coñecer ó autor e ás autoras galardoadas, e gozar dunha velada chea de sorpresas.