O Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá entre os días 30 de novembro e 2 de decembro de 2012 unha nova edición do Culturgal.
Xulio Amigo, presidente da Asociación Culturgal, presentou a nova edición da Feira da Industrias Culturais de Galicia este martes acompañado polo director, Sergio Lago, e os tres patrocinadores principais: Juan Carlos Fernández Fasero, director de Agadic; Anxos Riveiro, concelleira de Cultura de Pontevedra; e Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística. Todos eles celebraron a consolidación da gran cita da cultura galega, que este inverno encherá unha vez máis a cidade do Lérez de música, literatura, creación audiovisual, danza, teatro, deseño e novas tecnoloxías.