A Consellería de Cultura destinará 168.000 euros no transcurso dos cursos 2012 e 2013 en axudas á tradución de obras escritas noutras linguas cara o galego e para a tradución de obras publicadas orixinariamente en galego.
Beneficiaranse destas axudas 50 proxectos presentados para a súa tradución cara a lingua galega e 24 dende a nosa lingua. Deste xeito poderemos ler en galego obras como As iluminacións de Rimbaud, Mr. Gwyn de Alessandro Baricco, os Fantastic Tales de Fitz-James-O´Brien ou O sentido do final, a última novela do escritor inglés Julian Barnes. Do mesmo xeito, obras de nós como A arte do fracaso de Berta Dávila poderá lerse en xaponés, a poesía completa de Lois Pereiro en búlgaro, A Veiga é como un tempo distinto en castelán ou O segredo de Marco Polo en catalán.