A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia (FLG) convocan a terceira edición dos Premios Gala do Libro Galego, que se celebrará o sábado 19 de maio no Teatro Principal de Santiago de Compostela, onde se darán a coñecer as obras gañadoras.
Con estes premios preténdese recoñecer a excelencia do traballo realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2017 en Galicia. Estas distincións, sen dotación económica, xorden, en primeira instancia, das propostas das bases asociativas das tres entidades convocantes, para posteriormente seren sometidas a un proceso de preselección e á valoración e fallo por parte dun xurado externo.
Este ano os Premios da Gala do Libro Galego incorporan novidades en relación ás categorías a recoñecer: a anterior modalidade de literatura infantil e xuvenil dá lugar a dúas modalidades, e incorpóranse os premios á obra de divulgación, á banda deseñada e ao libro mellor editado.
En canto ás modalidades Iniciativa cultural ou de fomento da lectura, Proxecto literario na rede e Xornalismo cultural, que, anteriormente premiaban o traballo realizado no ano previo, agora pasan a recoñecer a traxectoria de varios anos, valorándose, por tanto, a constancia ao longo do tempo nestes ámbitos.
Así pois, faise pública a relación de obras finalistas por cada modalidade dos premios:
Ensaio e investigación
– Amada García e os seus arredores (Edicións Embora) de Bernardo Máiz Vázquez.
– Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía (Xerais)de Xosé Luís Axeitos.
– Margot Sponer. Do galego antigo ás fronteiras da resistencia (Laiovento) de Antón Figueroa.
– Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863) (Galaxia) de María Xesús Lama.
Divulgación
– Cociña galega tradicional (Xerais)de Matilde Felpeto (Edicións Xerais de Galicia).
– Os nomes do terror: Galiza 1936 (Sermos Galiza) de Xosé Álvarez Castro, Xosé Ramón Ermida Meilán; Eliseo Fernández e Xoán Carlos Garrido Couceiro (coordinadores).
– Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo (Xerais) de Xurxo Mariño.
– Universo matemático. Das ideas e das técnicas (Xerais) de Antom Labranha.
Narrativa
– Abadessa, oí dizer (Através) de V.V.A.A.
– Um elefante no armário (Através) de Teresa Moure.
– A nena do abrigo de astracán (Xerais) de Xabier P. DoCampo.
– O xardineiro dos ingleses (Galaxia) de Marcos Calveiro.
Infantil
– A batalla da pequena Chañan Curi Coca (Xerais) de Rosa Aneiros, ilustrado por Almudena Aparicio.
– Bruxa e familia (Oqueleo) de Paula Carballeira, ilustrado por Lucía Cobo.
– A señorita Bubble (Xerais) de Ledicia Costas, ilustrado por Andrés Meixide.
– Tinta de luz (Chan da Pólvora) de Xosé María Álvarez Cáccamo, ilustrado por Berta Cáccamo.
Xuvenil
– 22 segundos (Xerais) de Eva Mejuto.
– Os arquivos secretos de Escarlatina (Xerais) de Ledicia Costas, ilustrado por Víctor Rivas.
– Corredora (Xerais) de María Reimóndez.
– Os nenos da varíola (Galaxia) de María Solar.
Libro ilustrado
– O branco non pinta! (Apiario) ilustrado por María Brenn e texto de Antía Otero.
– As estrambóticas aventuras do Barón Münchhausen (Bululú) ilustrado por David Pintor e texto de Carlos López.
– A horta de Simón (Kalandraka), ilustrado e escrito por Rocío Alejandro.
– Tinta de luz (Chan da Pólvora), ilustrado por Berta Cáccamo e texto de Xosé María Álvarez Cáccamo.
Libro de banda deseñada
– Alter-Nativo (Aira) de Jorge Campos.
– O Bichero (VII) (autoeditado)de Luís Davila.
– Fóra do mapa (Deputación da Coruña) de Emilio Fonseca.
– Licor café. 13 grolos da Nova banda deseñada galega (Demo) de varias-os autoras-es (Demo Editorial).
– Tonecho (Galaxia) de Xaquín Marín.
Iniciativa bibliográfica
– Anna Turbau. Galicia, 1975-1979 (Consello da Cultura Galega) Anna Turbau.
– Colección Xerais Básicos Ciencia, de Xerais.
– Colección Biblioteca de Teatro, Chévere, de Kalandraka Editora.
– Mulleres bravas da nosa historia, de Urco Editora.
Tradución
– A hora de espertarmos xuntos (Xerais) de Kirmen Uribe, traducido por Isaac Xubín.
– Pippi Mediaslongas (Kalandraka) de Astrid Lindgren, traducido por David A. Álvarez.
– O rapaz que nunca existiu (Rinoceronte) de Sjon, traducido por Elías Portela.
– Vidas imaxinarias (Aira) de Marcel Schwob, traducido por Samuel Solleiro.
Poesía
– Camuflaxe (Chan da Pólvora Editora) de Lupe Gómez.
– Cervatos (Kalandraka) de Lucía Novas.
– Culpable (Xerais) de Eli Ríos.
– Na casa da avoa (Galaxia) de Marta Dacosta.
Teatro
– Marcha fúnebre para un monicreque (Baía) de Roi Vidal.
– Na butaca. Fantasía Nº 3 en Dor Maior (Galaxia) de Esther Carrodeguas.
– Río Bravo (Kalandaka) de Chévere.
– Suite Artabria (Xerais) de Manuel Lourenzo.
Libro mellor editado
– Alter-Nativo (Aira)de Jorge Campos.
– Baixo as mesmas nubes (Embora) de Elga Fernández Lamas.
– Camuflaxe (Chan da Pólvora) de Lupe Gómez.
– Lumes (Apiario) de Ismael Ramos.
– Pippi Mediaslongas (Kalandraka) de Astrid Lindgren.
Iniciativa cultural ou fomento da lectura
– Biblioteca Neira Vilas de Vigo.
– Chan da Pólvora (proxecto de libraría e edición).
– Clube de lectura feminista Libraría Lila de Lilith/Plataforma de Crítica Literaria A Sega.
– Viñetas desde o Atlántico.
Proxecto literario na rede
– BiosBardia, dirixida por César Lorenzo Gil, https://biosbardia.wordpress.com/
– Caderno da crítica, de Ramón Nicolás, https://cadernodacritica.wordpress.com/
– Criticalia, de Armando Requeixo, http://armandorequeixo.blogaliza.org/
– Galicia Encantada. Enciclopedia de fantasía popular de Galicia, dirixida por Antonio Reigosa, https://galiciaencantada.com/
Xornalismo cultural
– Ana Romaní
– Daniel Salgado
– Montse Dopico
– Montse Pena Presas