Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Coñécense as obras finalistas da III Gala do Libro Galego

Rate this item
(0 votes)

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia (FLG) convocan a terceira edición dos Premios Gala do Libro Galego, que se celebrará o sábado 19 de maio no Teatro Principal de Santiago de Compostela, onde se darán a coñecer as obras gañadoras.

Con estes premios preténdese recoñecer a excelencia do traballo realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2017 en Galicia. Estas distincións, sen dotación económica, xorden, en primeira instancia, das propostas das bases asociativas das tres entidades convocantes, para posteriormente seren sometidas a un proceso de preselección e á valoración e fallo por parte dun xurado externo.

Este ano os Premios da Gala do Libro Galego incorporan novidades en relación ás categorías a recoñecer: a anterior modalidade de literatura infantil e xuvenil dá lugar a dúas modalidades, e incorpóranse os premios á obra de divulgación, á banda deseñada e ao libro mellor editado.

En canto ás modalidades Iniciativa cultural ou de fomento da lectura, Proxecto literario na rede e Xornalismo cultural, que, anteriormente premiaban o traballo realizado no ano previo, agora pasan a recoñecer a traxectoria de varios anos, valorándose, por tanto, a constancia ao longo do tempo nestes ámbitos.

Así pois, faise pública a relación de obras finalistas por cada modalidade dos premios:

Ensaio e investigación

– Amada García e os seus arredores (Edicións Embora) de Bernardo Máiz Vázquez.
– Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía (Xerais)de Xosé Luís Axeitos.
– Margot Sponer. Do galego antigo ás fronteiras da resistencia (Laiovento) de Antón Figueroa.
– Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863) (Galaxia) de María Xesús Lama.

Divulgación

– Cociña galega tradicional (Xerais)de Matilde Felpeto (Edicións Xerais de Galicia).
– Os nomes do terror: Galiza 1936 (Sermos Galiza) de Xosé Álvarez Castro, Xosé Ramón Ermida Meilán; Eliseo Fernández e Xoán Carlos Garrido Couceiro (coordinadores).
– Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo (Xerais) de Xurxo Mariño.
– Universo matemático. Das ideas e das técnicas (Xerais) de Antom Labranha.

Narrativa

– Abadessa, oí dizer (Através) de V.V.A.A.
– Um elefante no armário (Através) de Teresa Moure.
 A nena do abrigo de astracán (Xerais) de Xabier P. DoCampo.
– O xardineiro dos ingleses (Galaxia) de Marcos Calveiro.

Infantil

 A batalla da pequena Chañan Curi Coca (Xerais) de Rosa Aneiros, ilustrado por Almudena Aparicio.
– Bruxa e familia (Oqueleo) de Paula Carballeira, ilustrado por Lucía Cobo.
– A señorita Bubble (Xerais) de Ledicia Costas, ilustrado por Andrés Meixide.
– Tinta de luz (Chan da Pólvora) de Xosé María Álvarez Cáccamo, ilustrado por Berta Cáccamo.

Xuvenil

– 22 segundos (Xerais) de Eva Mejuto.
– Os arquivos secretos de Escarlatina (Xerais) de Ledicia Costas, ilustrado por Víctor Rivas.
– Corredora (Xerais) de María Reimóndez.
– Os nenos da varíola (Galaxia) de María Solar.

Libro ilustrado

– O branco non pinta! (Apiario) ilustrado por María Brenn e texto de Antía Otero.
– As estrambóticas aventuras do Barón Münchhausen (Bululú) ilustrado por David Pintor e texto de Carlos López.
– A horta de Simón (Kalandraka), ilustrado e escrito por Rocío Alejandro.
– Tinta de luz (Chan da Pólvora), ilustrado por Berta Cáccamo e texto de Xosé María Álvarez Cáccamo.

Libro de banda deseñada

– Alter-Nativo (Aira) de Jorge Campos.
– O Bichero (VII) (autoeditado)de Luís Davila.
– Fóra do mapa (Deputación da Coruña) de Emilio Fonseca.
– Licor café. 13 grolos da Nova banda deseñada galega (Demo) de varias-os autoras-es (Demo Editorial).
– Tonecho (Galaxia) de Xaquín Marín.

Iniciativa bibliográfica

– Anna Turbau. Galicia, 1975-1979 (Consello da Cultura Galega) Anna Turbau.
– Colección Xerais Básicos Ciencia, de Xerais.
– Colección Biblioteca de Teatro, Chévere, de Kalandraka Editora.
– Mulleres bravas da nosa historia, de Urco Editora.

Tradución

– A hora de espertarmos xuntos (Xerais) de Kirmen Uribe, traducido por Isaac Xubín.
– Pippi Mediaslongas (Kalandraka) de Astrid Lindgren, traducido por David A. Álvarez.
– O rapaz que nunca existiu (Rinoceronte) de Sjon, traducido por Elías Portela.
– Vidas imaxinarias (Aira) de Marcel Schwob, traducido por Samuel Solleiro.

Poesía

– Camuflaxe (Chan da Pólvora Editora) de Lupe Gómez.
– Cervatos (Kalandraka) de Lucía Novas.
– Culpable (Xerais) de Eli Ríos.
– Na casa da avoa (Galaxia) de Marta Dacosta.

Teatro

– Marcha fúnebre para un monicreque (Baía) de Roi Vidal.
– Na butaca. Fantasía Nº 3 en Dor Maior (Galaxia) de Esther Carrodeguas.
 Río Bravo (Kalandaka) de Chévere.
– Suite Artabria (Xerais) de Manuel Lourenzo.

Libro mellor editado

– Alter-Nativo (Aira)de Jorge Campos.
– Baixo as mesmas nubes (Embora) de Elga Fernández Lamas.
– Camuflaxe (Chan da Pólvora) de Lupe Gómez.
– Lumes (Apiario) de Ismael Ramos.
– Pippi Mediaslongas (Kalandraka) de Astrid Lindgren.

Iniciativa cultural ou fomento da lectura

– Biblioteca Neira Vilas de Vigo.
– Chan da Pólvora (proxecto de libraría e edición).
– Clube de lectura feminista Libraría Lila de Lilith/Plataforma de Crítica Literaria A Sega.
– Viñetas desde o Atlántico.

Proxecto literario na rede

– BiosBardia, dirixida por César Lorenzo Gil, https://biosbardia.wordpress.com/
– Caderno da crítica, de Ramón Nicolás, https://cadernodacritica.wordpress.com/
– Criticalia, de Armando Requeixo, http://armandorequeixo.blogaliza.org/
– Galicia Encantada. Enciclopedia de fantasía popular de Galicia, dirixida por Antonio Reigosa, https://galiciaencantada.com/

Xornalismo cultural

– Ana Romaní
– Daniel Salgado
– Montse Dopico
– Montse Pena Presas

 

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en Novas >

Axenda >

Outubro 2018
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom