Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Comezan os actos de celebración do centenario de Fernández del Riego

Rate this item
(1 Vote)

Onte o intelectual e dinamizador da cultura galega Francisco Fernández del Riego cumpriría cen anos. Dende a Fundación Penzol e a editorial Galaxia queren conmemorar o Centenario Francisco Fernández del Riego coa creación dun blog no que se recollerán as novas, colaboracións e textos de ou sobre Fernández del Riego que a conmemoración vaia xerando. O blog está dispoñible nesta ligazón.

Para celebrar este centenario, Galaxia ven de publicar o libro Francisco Fernández del Riego. Vigo dende o corazón de Galicia, que se presentará o vindeiro xoves 10 de xaneiro na Casa da Cultura de Vigo ás 19.00 h. O acto contará coas intervencións de Alfonso Zulueta de Haz, Presidente da Fundación Penzol, Xosé Luis Franco Grande, María Dolores Cabrera, Malores Villanueva e o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Francisco Fernández del Riego, que nos deixou a finais de 2010, é unha das figuras senlleiras da cultura galega do último século. Naceu no ano 1913 en Lourenzá e, tras unha parada en Monforte de Lemos, principia en Madrid a carreira de Dereito, que rematará en Santiago de Compostela. É na capital de Galicia onde tivo del Riego os seus primeiros contactos co Seminario de Estudos Galegos e coa Xeración Nós e mais cos que pronto se converterían en membros fundadores do Partido Galeguista. Estoupa a Guerra Civil e traballa clandestinamente na posguerra para a reorganización do Partido e da recuperación da identidade cultural de Galicia.

Nese labor de recuperación e de mirar cara adiante, as actividades que desenvolveu Francisco Fernández del Riego son case que innumerábeis. Foi un dos principais artífices da editorial Galaxia e director xunto a Ramón Piñeiro da revista Grial nos seus primeiros cen números. Ingresou en 1960 na Real Academia Galega, entidade que chegou a presidir no ano 1997. En 1950 funda a Fundación Penzol, onde traballaría a diario ata pouco antes de morrer.

Despois de tantos anos de traballo, Fernández del Riego fora recoñecido con numerosos galardóns: Premio Trasalba, Premio Pedrón de Ouro, Medalla de Ouro da Cidade de Vigo, Premio de Creación Cultural da Xunta de Galicia, Premio Celanova, Casa dos Poetas... Así mesmo, foi nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo e Galego Egrexio pola Fundación dos Premios da Crítica.

Foi autor dunha extensísima obra entre a que sobrancean textos como Historia da literatura galega (1951), Galicia no espello (1954), Diccionario de escritores en lingua galega (1990) ou A xeración Galaxia (1996). No eido narrativo brillou con luz propia no ano 1992 con O cego de Purmadeón. Deixou escrito, tamén, centos de artigos xornalísticos.

Máis información:

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!