Xesús Manuel Valcárcel ven de publicar en Bubela Sete por sete, tres álbumes de debuxos (Liberdade, Esencia e Poder) nunha edición dirixida a galeristas, marchantes, críticos de arte, medios de comunicación e público en xeral.
Os orixinais que se reproducen nestes tres libros son láminas de 35 x 25 cm., pintadas con lapis de cores profesional vermella e negra sobre fondo branco.
Bubela ven traballando arreo nos últimos anos na difusión do Sentimentalismo, un movemento cultural que promove a liberación da persoa a través da arte e do coñecemento. Se en obras anteriores plasmouse o movemento Sentimentalista en obras literarias, agora móstrase na súa concepción nas artes plásticas, que nace da conxunción de dous binomios: concepto e técnica por unha banda e creatividade persoal e transcendencia social por outra.