O mundo da cultura barbanzá celebrará mañá sábado, en Rianxo, a súa grande festa da man da asociación Barbantia.
Neste acto entregaranse os Premios Barbantia da Cultura, os Sereos. Nesta ocasión, os galardoados son a dramaturga Esther Carrodeguas, que recibirá o galardón pola súa traxectoria cultural no Barbanza; a Asociación Cultural Terra de Outes, que levará o premio Barbantia á iniciativa cultural no Barbanza 2020; e o etnógrafo e historiador Clodio González Pérez, a quen se lle outorgará o premio Barbantia da Cultura Galega 2020.
No mesmo acto farase a presentación do Anuario de Estudos do Barbanza 2020 e o suplemento 160 de A Voz de Barbantia.
A reserva de localidades é obrigatoria e farase no correo-e Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. . É necesario indicar, para todas as persoas para as que se solicita reserva, nome completo, teléfono e se son conviventes. A reserva será efectiva cando se confirme dende o auditorio.
A gala será transmitida