Aqui estamos, sobre estes altos cumes, veciños do Ceo/ onde o Profesor Parga Pondal/ como as Walkirias corre e canta/ Mentres, os duros dentes do granito morden,/ famentos, os nosos corpos, /deixando só ceibe e viva a alma /que danza e voa cal Bolboreta.
A Asociación Monte Pindo Parque Natural, , organización pola defensa do noso patrimonio, ven de facer público o achado dunha misiva que contén unha poesía inédita e en alemán dos ilustres autores galegos Ramón Otero Pedrayo e Vicente Risco, escrita durante unha excursión polo Monte Pindo feita co mítico Seminario de Estudos Galegos no mes de xuño de 1936. Trátase dunha carta dirixida ao escritor e xeólogo Isidro Parga Pondal, que hoxe recala no arquivo do Instituto homónimo.