A Asociación “Abrindo Camiño” de Amigos do Camiño Norte de Santiago e Concello de Foz organizan as IV Xornadas do Peregrino. Homenaxe a Álvaro Cunqueiro no seu 100 aniversario de nacemento.
Estas xornadas principiarán o día 9 de xullo no CENIMA, no concello de Foz, onde se inaugurará a Exposición Fotobiográfica sobre Álvaro Cunqueiro. Ás 19.30 h. terá lugar a charla Álvaro Cunqueiro, unha figura universal, no seu 100 aniversario de nacemento, á que seguirá a proxección dunha reportaxe fotográfica da Variante Martítima á Basílica de San Martiño e unha análise-Debate sobre o Camiño Norte de Santiago e a súa relevancia ao optar a ser declarado Patrimonio Mundial da Humanidade.
Ao día seguinte percorrerase a Variante Marítima. Basílica de San Martiño (Foz)-Mondoñedo.(Tramo do Camiño de ida en dirección á Catedral de Santiago de Compostela. Sobre ás 13.30 h. celebrarase a XXI Romaría a carón do Camiño Norte de Santiago.
As IV Xornadas do Peregrino rematarán o domingo 31 de xullo cun recorrido da Variante Marítima. Basílica de San Martiño- Foz-Barreiros-Ribadeo. (Tramo do Camiño de Volta en dirección a Catedral do Salvador de Oviedo). Ás 8.30 h. iniciarase a etapa a pé desde a Basílica de San Martiño. Con paradas en Foz, Benquerencia, As Catedrais, Rinlo...
Os interesados en inscribirse ou en recibir máis información poden chamar aos teléfonos 982521075 e 639072769 ou por correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.