Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Antonio Manuel Fraga Allegue gaña o X Certame de microrrelatos Lonxa Literaria

Rate this item
(0 votes)

Xa hai gañador do X Certame de microrrelatos que convoca anualmente a Lonxa Literaria de Moaña. Trátase do coruñés Antonio Manuel Fraga Allegue, que presentou o seu microrrelato titulado Retrato da sombra dun can. Igualmente, os membros do xurado acordaron entregar un accésit ao microrrelato titulado 1985, Verán, do ceense Suso Bahamonde.


Microrrelato gañador

Retrato da sombra dun can, de Antonio Manuel Fraga Allegue.

"Son un can que viaxa nunha chalana río arriba, subo río arriba sentado na chopa en silencio, mentres as abas do monte arden coas refulxencias místicas do sol de setembro.

Acho que o meu dono quéreme ben porque sei calar cando hai que calar e ladrar cando hai que ladrar. Tamén nado canda el polas noites, na auga fría do río zarrapicada de estrelas. Pola contra, non gustou de que lle matase as galiñas ao veciño, e eu tamén sei que iso non estivo ben, máis non sei que me deu.

Ás veces saco unha pata pola borda e xogo coa auga e as troitas quéixanse nerviosas porque turbo a auga coa miña pata sucia. Tamén se poderían queixar do ronsel que deixa o bote, ou mesmo das chapuzaduras dos remos no cristal fluvial. Mais diso non din nada as fillas de puta. Unha brisiña lene como o veludo sécame a lingua. Axiña habemos chegar ao campeiro. O suor debuxa sucos na fronte do meu dono, e todas as engurras da súa cara murcha viaxan canda nós hoxe na chalana. Demasiadas engurras para o meu entender, mais eu que vou entender se só son un can que viaxa sentado na chopa coa lingua de fóra e me asusto cando unha troita chouta desde a auga. O meu dono rema e chora e, de cando en vez, olla de esguello a escopeta pousada ao seu carón."


Accésit

1985, Verán, de Suso Bahamonde.

"Coñecina ao comezo do verán no que eu cumpría dezaseis anos. A miña familia veraneaba naquel lugar tan aburrido da costa, e todas as noites, despois de cear, os meus pais xogaban a partida cos veciños na solaina da casa. Eu aproveitaba e paseaba polos camiños que atravesaban o monte, fumando cigarros e observando as estrelas. Unha noite cheguei diante dunha finca pequena, cun valado a medio facer, unha vella caravana iluminada e unha desvencellada e descolorida chalana nun lateral da finca, na que, no seu interior, había prantadas leitugas, tomateiras e acelgas. Un xardín botánico illado nun océano de céspede. Aquela muller, duns trinta e pico anos, saiu da caravana e pediume lume. Dinllo e despois falamos trivialidades. A noite seguinte volvín. Convidoume a café e conversamos. Tiña os ollos máis tristes que vira nunca e arrecendía a naranxeira en flor. Nun tempo estivera casada e tivera un fillo; tamén fora mestra. Todas as noites daquel verán a visitaba e fumábamos, mirábamos as estrelas e falábamos de libros, música e cine. A derradeira noite que a vin, deitámonos xuntos na súa caravana e fixémolo a modo, mentras fóra un fino orballo marcaba as horas. Eu perdín a virxinidade, ela gañou amor propio.

Hoxe, trinta e seis anos despois, leo o xornal aburridamente antes de ir á oficina e vexo o seu nome nunha pequena e solitaria esquela. Fóra comeza a caer unha tímida choiva invernal."



 

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!