Allariz acollerá esta fin de semana a segunda “Festa do Libro Galego” na que se porán á venda as últimas novidades en galego. Organizada polo concello de Allariz, a Fundación Vicente Risco, a Fundación Anselmo Lorenzo e a libraría Aira das Letras, contarase coa presenza de autores como Teresa Moure ou Miguel Anxo Fernández e con actividades para toda a familia.
A Festa do Libro galego principiará o venres cun acto acto de inauguración no que intervirá Miguel Anxo Fernández, autor entre outras, da saga policíaca de Frank Soutelo. Realizarase tamén a entrega dos premios do concurso de micro-relatos organizado por Aira das Letras e que versaban sobre o xigante de Magarelos.
Programa da Festa do Libro Galego
Venres 12 de outubro
13.00 h. Inauguración da Festa por Miguel Anxo Fernández e entrega dos premios do concurso de micro-relatos.
18.00 h. Maxia co Mago Gusi e o espectáculo “Nadanamanga”
19.00 h. Presentación do libro Olladas (Sotelo blanco) de Adelaida Vidal, Premio Vicente Risco de Creación Literaria 2011.
Sábado 13 de outubro
18.00 h. Presentación do cómic Titoán, premio Castelao de banda deseñada 2011.
19.00 h. Presentación do libro Queer-mos un mundo novo de Teresa Moure. Premio Ramón Piñeiro de ensaio 2011.
Domingo 14 de outubro
13.00 h. Presentación do libro infantil O cullarapo Croque (A Porta Verde) e lectura contada do mesmo.
18.00 h. Miguel Robledo asinará os cartaces que fixo da ponte románica de Allariz.