O Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo acordou por unanimidade aprobar a proposta de nomeamento de Agustín Fernández Paz como Doutor honoris causa en Filoloxía Galega pola dita universidade.
A petición, amais dos múltiples méritos achacados a Fernández Paz, houbo un pedimento expreso da AELG por medio dunha carta asinada por Cesáreo Sánchez e Mercedes Queixas reclamando este título honorífico.
Agustín Fernández Paz recibirá unha Homenaxe Nacional o vindeiro sábado 30 de xuño en Vigo. Podes coñecer máis detalles nesta ligazón.