O Museo Etnográfico da Limia, en Vilar de Santos, acolleu unha xuntanza de docentes da Limia con membros do Museo e do Centro de Cultura Popular para coordinar as accións e actividades que desde o verán se foron artellando arredor do décimo cabodano de Carlos Casares, que se cumpre en 2012. Nesa mesma xuntanza estivo a Fundación Carlos Casares como convidada a realizar unha presentación aos asistentes, despois da reunión, o que correu a cargo do director da entidade Gustavo Adolfo Garrido.
Dende a Fundación indican que nese encontro, ao que tamén se incorporaron os alcaldes de Vilar de Santos e de Baltar, Xoán Xosé Jardón Pedras e nx0woé Antonio Feijóo, respectivamente, e máis o concelleiro de Cultura de Xinzo, Carlos Gómez Alonso, falouse das posibilidades de colaboración que a Fundación pode ofrecer aos docentes da Limia no seu proxecto de fomentar a figura de Carlos Casares, especialmente no vindeiro ano.