Este sábado inaugurarase en Pontevedra O Garaxe Hermético, a primeira escola profesional de banda deseñada e ilustración localizada en Galicia. Detrás do proxecto atópase o coñecido ilustrador e humorista gráfico Kiko da Silva.
Os profesores de O Garaxe Hermético serán Fernando Iglesias, Jacobo e Norberto Fernández, Miguel Porto e Kiko da Silva, amais de contar con colaboracións puntuais doutros profesionais da banda deseñada.
En breve abrirase a páxina web onde os interesados en se converter en profesionais da ilustración e da banda desñeada poderán ver os diferentes cursos ofertados e as materias que se imparten.
A presentación oficial de O Garaxe Hermético será a partires das 18.00 h. na rúa Álvaro Cunqueiro da cidade do Lérez e abrirá cunha interesantísima exposición de orixinais da obra Trazo de xiz de Miguelanxo Prado, na que se poderá ver o proceso creativo deste gran autor de cómic galego. Dende bosquexos previos, storyboards, lápices e páxinas rematadas.