Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

A poesía desprega o seu osíxeno en Compostela coa primeira edición do festival "Alguén que Respira!"

Rate this item
(0 votes)

Onte principiou en Santiago de Compostela Alguén que Respira!, primeira edición do Festival de Poesía para Corpo Principal que organiza o Concello compostelán coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística do goberno do país.

Baixo a dirección artística de Antón Lopo, serán catro as xornadas dun intenso programa que reúne a algunhas das voces máis singulares e importantes da poesía galega e internacional, desde María Xosé Queizán a Olvido García Valdés, pasando por Andrew McMillan, Raquel Lima, Estíbaliz Espinosa, Olga Novo ou Niño de Elche, creador revolucionario do cante flamenco que traerá a Compostela o seu impactante espectáculo poético, exhibido só de forma esporádica.

A poeta viguesa María Xosé Queizán foi a encargada de ler na xornada de onte o manifesto do Día Mundial da Poesía. Pola tarde tivo lugar o primeiro dos recitais coa intervención de Andrew McMillan, Olga Novo, Olvido García Valdés, Salvador García Bodaño, María Sevilla e María Xosé Queizán.

As actividades continuarán hoxe ás 17.00 h. cun café-diálogo no que participarán Andrew McMillan e Olvido García Valdés, acompañados por Isaac Xubín e Ana Romaní. A partir das 19.00 h. terá lugar o recital "Catro graos de abertura", título que fai referencia aos catro graos de abertura das vocais en galego e que, nun programa dobre, inclúe dous enfrontamentos de regueifa, e un torneo de slam, coa participación dos mellores slamers que actualmente traballan en Galicia e Portugal: Duke Sam, Nuria Vil, Oriana Méndez, Carlos da Aira, Esther Carrodeguas, Raquel Lima e Vítor Hugo Moreira. O torneo, con acompañamento musical de Velpister, estará presentado por Silvia Penas. Para pechar a xornada, a partir das 22.00 h., o recital "Poesía no fío" ofreceralle aos espectadores a proposta nos lindeiros poéticos que formulan, conxuntamente por encargo do festival, Clara Gayo, Carlos Santiago e Zé Paredes.

O venres 23 divídese en tres apartados, que abranguen dende a poesía performática á videopoesía. Ás seis e media da tarde, o festival propón no recital "Atravesei a verxa" un percorrido por insólitos espazos do Teatro Principal a través das voces de Isaac Xubín, Luísa Castro, Xabier Xil Xardón e Javier Peñafiel.

Os espectadores non só se adentrarán en liñas de recitación personalísimas, senón que tamén descubrirán ámbitos do teatro con acceso restrinxido, como o fallado, as terrazas ou os camerinos. A partir das 20.00 h., dese mesmo 23 de marzo, celebrarase unha sesión centrada na "Escrita en conflito", título que reúne o testemuño directo de Miguel-Anxo Murado sobre a literatura nos espazos de conflito bélico, e o recital do refuxiado sirio Mohamad Frias Alshaheen e o saharauí Bahia Mahmud Awah, presentado por Iván Prado, responsable da organización Pallasos en Rebeldía. A xornada pecharase a partir das 21.30 h. coa proxección de varios videopoemas de Miriam Reyes, Estela Pan, Cintaadhesiva e Celia Parra.

Finalmente, o sábado 24, o festival clausúrase cun recital ás 22.00 h., presentado por Ana Romaní, no que participan Estíbaliz Espinosa, Ana Vallés con Nuria Sotelo e Lupe Gómez, ademais de Niño de Elche.

Con motivo da celebración do Festival, a Concellaría de Acción Cultural e a Secretaría Xeral de Política Lingüística editaron un libro que inclúe o programa completo do ciclo e as achegas poéticas de cada un dos participantes. O volume, deseñado por Manolo Martínez, presenta, xunto a un pequeno perfil biográfico, importantes novidades literarias, xa que nel aparecen os avances dos novos poemas de Olga Novo, as primeiras traducións ao galego de Andrew McMillan –realizadas por Isaac Xubín–, ou de Mohamad Firas, ademais de textos inéditos de Luísa Castro, Xil Xardón, Silvia Penas e Oriana Méndez, ou os primeiros poemas en galego de Miriam Reyes. Inclúese, así mesmo, o Manifesto que o festival lle encargou a María Xosé Queizán. Deste xeito, o propio programa de Alguén que Respira! convértese en por si nunha publicación de indubidable valor literario que acrecenta a transcendencia dun festival sen precedentes en Galicia.

O Festival Alguén que Respira! non só intenta ser un expositor de tendencias ou un lugar de encontro para afeccionados e afeccionadas á poesía, senón que fai tamén unha aposta por incentivar experiencias que, habitualmente, non teñen un especial apoio. Ese é obxectivo de programa de producións, xestionadas dende o festival con distintos creadores para ampliar o horizonte poético e proporcionar porosidades onde conflúan dimensión creativas interdisciplinares. Este ano, as propostas de produción foron para un espectáculo de Ana Vallés sobre a poesía de Lupe Gómez, outro de Clara Gayo, Carlos Santiago e Zé Paredes, e por último un videopoema de Miriam Reyes, o primeiro en galego desta autora nacida en Ourense que, porén, desenvolveu a súa actividade sempre fóra de Galicia.

As entradas a todas as actividades do festival son de balde, previa retirada de invitación no despacho de billetes do Teatro Principal. Os convites poderanse recoller das 18.00 h. ás 21.00 h.

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!