Organizadas pola Fundación Vicente Risco e a Concellería de Cultura de Ourense, terá lugar dos días 29 de novembro ao 2 de decembro as xornadas A marxinalidade na cultura: A homosexualidade.
Estas xornadas terán unha forte compoñente literaria. Deste xeito, María Isabel Morán Cabanas falará da homosexualidade nas sátiras medievais galego-portuguesas, mentres que as figuras de Rosalía de Castro, Blanco Amor, de Fermín Bouza Brey ou a escrita queer serán outros dos aspectos a tratar ao longo destes catro días.