A Liga Estudantil Galega organiza unhas Xornadas de homenaxe a Celso Emilio Ferreiro, de quen este ano se celebra un dobre aniversario: por unha banda, o centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro (1912); pola outra, cúmprense 50 anos da publicación da que sería a súa obra máis emblemática, Longa noite de pedra.
Estas xornadas terán lugar na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela os días 11 e 12 de abril e contarase coas intervencións de destacados coñecedores da obra de CEF, como Ramón Nicolás, Gonzalo Navaza, Dolores Vilavedra, ...
As Xornadas de homenaxe a Celso Emilio Ferreiro analizarán dende diferentes ópticas a faceta xornalística, política, social e literaria de CEF, nun programa onde, amais das conferencias e relatorios, haberá oco para proxeccións, recitais, actuacións...